Formación para ocupados
En que consiste?
Trátase de formación programada polas propias empresas. Todas as empresas teñen asignado unha contía en concepto de crédito de formación que lles permite formar aos seus traballadores/as bonificando os custos dos cursos a través de deducións nas cotizacións á Seguridade Social. A formación dos traballadores/as só se pode encomendar a entidades acreditadas e/ou inscritas no rexistro habilitado pola Administración Pública, como Acerta Formación.
Créditos
Provén do importe cotizado á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional durante o ano anterior.
Este depende do seu tamaño. O mínimo son 420€ (para empresas con cadros de persoal de 1 a 5 traballadores).
Tamén varía a porcentaxe de bonificación, desde o 100% para as empresas máis pequenas ao 60% para grandes empresas de máis de 250 traballadores.
Organización e xestión
Encargámonos da rganización e xestión documental dos cursos
Así como da execución das accións formativas dos mesmos
Sectores
Desde 2012 levamos programado multitude de accións formativas para empresas e entidades, principalmente, da Costa da Morte.
Formación diversa e dirixida a diferentes sectores de actividade:
Hostalaría
Comercio
Construción
Entidades socio sanitarias
Industria
Distribución
Plans de formación