Formación para o emprego
En que consiste?
O obxectivo da formación para o Emprego, que vai dirixida a persoas desempregadas, é cualificalas para a súa integración no mercado laboral.
Os certificados de profesionalidade son unha ferramenta para acreditar con carácter oficial as competencias profesionais que capacitan á poboación activa para o desenvolvemento dunha actividade laboral. Trátase de proporcionar ás persoas traballadoras ou demandantes de emprego a formación requirida polo sistema produtivo.

Cales son os requisitos?

Nivel 1

Nivel 2
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
– Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
– Certificado de profesionalidade de nivel 2
– Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional
– Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas
– Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou de 45 anos
– Ter superado as competencias clave de nivel 2

Nivel 3
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
– Título de Bacharelato
– Certificado de profesionalidade de nivel 3
– Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional
– Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas
– Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou de 45 anos
– Ter superado as competencias clave de nivel 3
Competencias clave
As competencias clave son os requisitos formativos que asegurarán que os alumnos posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as formacións correspondentes aos novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3
Non cumpres cos requisitos? Dispoñemos de acreditacións nivel 2 e nivel 3 coas que podes acceder a estes cursos:
Certificados de profesionalidade
Acerta Formación está acreditada para a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade: