formación para o emprego

O obxectivo da formación para o Emprego, que vai dirixida a persoas desempregadas, é cualificalas para a súa integración no mercado laboral.
Os certificados de profesionalidade son unha ferramenta para acreditar
con carácter oficial as competencias profesionais que capacitan á poboación
activa para o desenvolvemento dunha actividade laboral. Trátase de proporcionar
ás persoas traballadoras ou demandantes de emprego a formación requirida polo sistema produtivo. Os requisitos para acceder a un certificado de profesionalidade dependen do nivel de cualificación que se esixa en cada caso, de acordo cos seguintes niveis:
o Nivel 1. Non esixe requisitos académicos nin profesionais, aínda que se han de posuír as habilidades de comunicación lingüística suficientes que permitan a aprendizaxe.
o Nivel 2. Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
o Certificado de profesionalidade de nivel 2.
o Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
o Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio
ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
o Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou de 45 anos. o Ter superado as competencias clave de nivel 2. o Nivel 3.
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos: o Título de Bacharel.
o Certificado de profesionalidade de nivel 3.
o Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
o Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
o Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou de 45 anos. o Ter superado as competencias clave de nivel 3.
acerta formación está acreditada para a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade:
o Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais. (SSCS0208) Nivel 2
o Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. (SSCS0108) Nivel 2
o Xestión de chamadas de teleasistencia (SSCG0111) Nivel 2
o Docencia da formación para o emprego (SSCE0110) Nivel 3
o Operación de gravación e tratamento de datos (ADGG0508) Nivel 1
o Creación e xestión de microempresas (ADGD0210) Nivel 2
As competencias clave son os requisitos formativos que asegurarán que
os alumnos posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as formacións correspondentes aos novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3.
Actualmente acerta formación está inscrita para a impartición das Competencias clave nivel 2 con idiomas (FCOV 26) e Competencias clave nivel 2 sen idiomas
(FCOV 27) Ademais da inscrición para impartir Comunicación en língua galega
nivel 2 (FCOVXX01)

formación programada

Todas as empresas teñen asignado unha contía en concepto de créditode formación que lle permite formar aos seus traballadores/as bonificando os custos dos cursos
a través de deducións nas cotizacións á seguridade social.
O crédito para formación dunha empresa provén do importe cotizado á Seguridade Social en concepto de formación Profesional durante o ano anterior.
A formación dos traballadores/as só se pode encomendar a entidades acreditadas e/ou inscritas no rexistro habilitado pola Administración Pública, como acerta formación.
O crédito para a formación do que dispoñen as empresas depende do seu
tamaño. O mínimo son 420 euros (para empresas con cadros de persoal de
1 a 5 traballadores) Tamén Varía a porcentaxe de bonificación, desde o 100%
para as empresas máis pequenas ao 60% para grandes empresas de máis
de 250 traballadores. acerta formación realiza toda a xestión necesaria para que
as empresas desenvolvan os seus plans de formación, tanto no que se refire á organización dos cursos, con toda a xestión documental, como á execución das accións formativas. Desde 2012 levamos programado multitude de accións formativas para empresas e entidades, principalmente, da Costa da Morte. formación diversa e dirixida a diferentes sectores de actividade:
industria, construción, distribución, hostalaría, comercio, entidades socio sanitarias... O noso propósito fundamental é conseguir satisfacer calquera necesidade formativa que os nosos clientes expoñan. Contamos con docentes cualificados e con ampla experiencia no seu campo de actividade. Unha vez alguén referiuse a nós da seguinte maneira: “dan clases de calquera cousa”. Pois esta afirmación, feita despectivamente, describe sen embargo o noso leit motiv, ofrecer unha formación de calidade ás organizacións que confían en nós.

plans de formación

As iniciativas de formación profesional para o emprego diríxense á adquisición, mellora e actualización permanente das competencias e cualificacións profesionais, favorecendo a formación ao longo de toda a vida da poboación activa e conxugando as necesidades das persoas, das empresas, dos territorios e dos sectores produtivos. Neste marco, tanto a administración do Estado, a través do Servicio
de Emprego Público Estatal e a Fundación Estatal para a formación no Emprego (FUNDAE), como a Xunta de Galicia, convocan plans de formación en réxime de concorrencia competitiva nos que os Centros de formación acreditados poden presentar plans de formación sectoriais ou intersectoriais.

Clic email

acerta formación, fundada en 2011, é unha empresa dedicada á prestación de servizos no campo da formación

facebook