ADXUDICACIÓN DOS CURSOS PARA DESEMPREGADOS DA CONVOCATORIA AFD 2021/2022
A Xunta resolveu concedernos a organización e impartición
de tres cursos de formación na convocatoria AFD 2021/2022.
Trátase de dous certificados de profesionalidade.
CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS (ADGD0210)
Un certificado de profesionalidade de NIVEL 3, da familia
de Administración e Xestión.
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO (SSCS0108) Un certificado de profesionalidade de NIVEL 2,
da familia de Servizos Socioculturais e á comunidade.
E unha especialidade formativa pertencente ás competencias clave.
COMUNICACIÓN EN LÍNGUA GALEGA, NIVEL 2 (FCOVXX001)
Hai dúas formas de realizar a selección do alumnado do curso, coa intermediación da Oficina de Emprego, ou por selección directa, realizada polo noso propio centro entre as persoas interesadas que cumpran os requisitos.
No apartado de inscripcións podedes apuntarvos ao curso que vos interese.