apoio á formación regrada

Damos clases de reforzo para alumnado de educación primaria, ESO e ciclos formativos. Tamén estamos especializados na formación de adultos, tanto na
ESA coma na preparación das probas libres para o acceso aos distintos niveis educativos. Si estás interesada/o neste tipo de formación o mellor é que visites
as nosas instalacións e coñezas de primeira man as posibilidades tanto no relativo
á metodoloxía que empregamos coma no que se refire aos horarios e prezos.

informática & novas tecnoloxías

Dispoñemos dunha aula de informática completamente equipada con ordenadores conectados a internet mediante fibra óptica. O uso das novas tecnoloxías ten cada vez unha maior importancia na educación. Trátase de aproveitar as ferramentas dixitais da mellor maneira posible para facilitar a aprendizaxe.
Tamén programamos cursos para persoas adultas, para familiarizarse co manexo de todo tipo de dispositivos dixitais (ordenadores, tablets, móbiles,...)

Formulario curso

clic email

acerta formación, fundada en 2011, é unha empresa dedicada á prestación de servizos no campo da formación

facebook